Renovación Cosello Escolar

Renovación Consello Escolar 2024

Resultados das eleccións aos representantes de nais/pais/titores do alumnado celebradas o día 20 de novembro :


Electores: 305

Votantes: 88

Papeletas nulas: 1

Papeletas en branco: 1


Candidaturas elixidas: Yolanda Rodríguez Mosquera, 43 votos.

Candidaturas non elixidas: Luiz Fernando Couto Lima, 43 votos.


O empate foi resolto de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo.



Artigo 50. Os empates que se puidesen producir en numero de votos dirimiranse en favor dos que posúan maior antigüidade no centro e, en caso de igualdade, a elección dirimirase por sorteo.


          Comunicámoslles, que de conforme co establecido Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18/09/2024), realizarase proximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.

Constitución Xunta Electoral

A Xunta Electoral

 que se constituirá ao efecto, e estará integrada por: A Directora do Centro. Un/unha docente.Un pai ou nai ou titor/a legal. Un/unha alumno/a.Unha representante do PAS


Presentación candidaturas

O prazo de presentación de candidaturas é do 6 ao 13 de novembro. Os candidatos poderán cubrir un impreso en direción para presentarse como candidatos.

Estas candidaturas serán publicadas no taboleiro de anuncios do centro o día 13 e,  tras un período de reclamacións,  serán publicadas as candidaturas definitiva o día 15 de novembro

Censo electoral

No recibidor da entrada principal podes consultar se os teus datos son correctos entre os días 4 e 12 de novembro. O día 20 publicaremos o censo definitivo.


Votación

Cada elector terá que acreditar a súa identidade mediante DNI.

Mesa electoral e data das votacións

A mesa electoral será constituida o día establecido para  as votacions media hora antes do comezo das votacións. Os integrantes da mesa serán avisados previamente.


Data votacións: 20/11/2024


Horario: de 13:30 a 17:30


Share by: