ATENCIÓN CURSO 24-25
NOVO CATERING
Servizo de comedor cun menú equilibrado e variado.
O comedor entrará en funcionamento o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025. Será servido por GALLEGO Catering e Colectividades e permanecerán tres profesores e un monitor co alumnado para velar polo bo funcionamento do mesmo.
Se algún alumno ou alumna precisase do servizo esporadicamente non ten máis que avisar ás 10:00h da mañá á coordinadora do comedor.
Este servizo ten as portas abertas para todos os pais que queiran coñecer o seu funcionamento.
OBXECTIVOS XERÁIS
O día
11 de setembro comezará o servizo de Atención Matinal do curso escolar 2024-2025 .
Atención matinal gratuíta para as familias máis madrugadoras.
Dende as 8:00h da mañá ata o comezo da xornada lectiva e durante todo o curso escolar.
A hora de entrada ao servizo será a partir das 8:00h pola porta principal, a porta pecharase ás 9:00h.
Para solicitar o servizo haberá que entregar a folla de inscripción que lle facilitará o titor.
O centro ofrece unha selección moi variada de actividades extraescolares: teatro, música, atletismo, baloncesto, fútbol, baile ou manualidades.
Todas estas actividades son gratuítas e teñen carácter voluntario. O seu horario é de 16:00h a 17:00h todos os días da semana.
Só se realizarán se hai un mínimo de cinco participantes.
Para mellorar ou afianzar os coñecementos adquiridos na aula e reforzar materias pendentes ofrecemos este servizo de seminarios dirixidos aos estudantes da ESO.
LUNS DE 17:00 A 18:00h.
Matemáticas e F&Q: Raquel Pérez.
Inglés: Miriam Puga.
MARTES de 16:00 a 17:00h.
Matemáticas 1º e 2º ESO: Sonia Vila.