Oferta educativa

 A nosa oferta educativa.

Escola Infantil María Ana

    A  Escola Infantil María Ana,  situada no centro de Celanova, ofrécelles ás familias un servizo completo de atención aos nenos de 0 a 3 anos.  A escola está subvencionada pola Xunta de Galicia e dispón de todas as instalacións necesarias para a atención dos cativos.

  • Un amplo horario, de 8 mañá a 18:00 da tarde, permite a conciliación laboral  que as familias precisan.
  • O persoal da Escola Infantil María Ana, cunha gran experiencia e profesionalidade, atende  todas as necesidades dos pequenos durante a súa estancia na escola.
  • Gratuidade para o segundo fillo/a da unidade familiar.

Máis información na páxina Escola Infantil María Ana

Educación infantil.

    Na etapa da Educación Infantil o método de aprendizaxe baséase na experiencia, no contacto directo co entorno,  na actividade continua e a manipulación. Ofrecémoslle ao alumnado un entorno ideal para desenvolver todas as súas capacidades.


  • MÉTODO DE APRENDIZAXE  MATEMÁTICO ABN.
  • OBRADOIRO DE INFORMÁTICA.
  • ESTIMULACIÓN TEMPERÁ.
  • SERVIZO DE ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA E LOGOPÉDICA.
  • OBRADOIRO DE COCIÑA.
  • PSICOMOTRICIDADE.
  • PLURINFANTIL.

Educación primaria.

    Na etapa de Educación Primaria buscamos impulsar un proceso de aprendizaxe activa que desenvolva as iniciativas e a creatividade do alumnado, procurando  a adquisición de técnicas de traballo e fomentando no alumnado o interese por continuar a súa formación.



  • INFORMÁTICA EN HORARIO LECTIVO.
  • SERVIZO DE ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA E LOGOPÉDICA.
  • COMUNICACIÓN CONTINUA COAS NAIS E PAIS DO ALUMNADO.
  • SEGUIMENTO PERSONALIZADO DO ALUMNO/A.
  • CLASES DE CONVERSACIÓN EN INGLÉS IMPARTIDAS POR PERSOAL NATIVO ESPECIALIZADO.
  • PLURILINGÜÍSMO.

Educación secundaria.

Na etapa da ESO o que ofrecemos  é unha educación orientada a cada alumno como individuo. Guiamos ao noso alumnado na adquisición das habilidades para acadar  información, razoar con claridade e comunicar con eficacia como base para o seu futuro desenvolvemento.


  • INGLÉS CON PROFESORES NATIVOS ESPECIALIZADOS.
  • PROGRAMAS DE APOIO E REFORZO EDUCATIVO.
  • SEGUIMENTO PERSONALIZADO DO ALUMNO/A.
  • COMUNICACIÓN CONTINUA COAS NAIS E PAIS DO ALUMNADO.
  • PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS DEPORTIVAS.
  • AULA INFORMÁTICA.
  • LABORATORIO.
  • SERVIZO DE ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA.
  • PLURILINGÜÍSMO.
Share by: