ANPA O Areal

páxina da anpa o areal

E TI, XA ES DA ANPA? NON O DUBIDES, AFÍLIATE.

SOBRE A ASOCIACIÓN

A ANPA é unha parte fundamental do funcionamento da escola xa que permite canalizar a intervención das familias no centro, garantir o dereito á información e organizar actividades participativas.

Todas as familias son benvidas á ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa. A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.


ÚNETE Á ANPA

Prazo de inscrición ata o día 15 de outubro.

 

-Pódese realizar de forma electrónica cubrindo o formulario que se achega no seguinte enlace e seguindo as instrucións de pago e a súa xustificación:


https://forms.gle/EjFxCTeMGg31J3gx5


-Pódese recoller unha folla de matrícula no vestíbulo do centro e entregala na caixa do correo situada no mesmo vestíbulo xunto co xustificante de pago ou o diñeiro en efectivo.

OBXECTIVOS

·Axudarvos a coñecer o centro e o seu funcionamento.

·Solucionar as vosas dúbidas e queixas.

· Escoitar novas propostas.

· Fomentar a participación de todos os socios e socias na toma de decisións respecto a temas relevantes da vida educativa e escolar.

·Impulsar a transparencia, co obxectivo de que esteades informados en todo momento de todo o relacionado coa escola, así como das actividades que esteamos levando a cabo.

·Representarvos diante das institucións educativas así coma no Consello escolar.

·Establecer unha canle de comunicación entre a ANPA e as familias co centro e entre as propias familias.

·Organizar actividades para os cativos e colaborar no bo decorrer da actividade normal do centro.

ACTIVIDADES DA ANPA

ACTIVIDADES REALIZADAS POLA ANPA NO CURSO 23-24

·Festa de Graduación DE 4º da ESO.

·Obradoiros e charlas coloquio para as familias.

·Xornadas de convivencia: día das merendas.

·Descontos en establecementos do comercio local e de Ourense (mediante a Federación de Anpas de Ourense).

·Obtención de subvencións (Igualdade, Corresponsables, Concello de Celanova)

·Renovación na Federación de Anpas de colexios concertados e privados de Ourense.


ACTIVIDADES PREVISTAS PARA O CURSO 24-25

·Festa de Graduación DE 4º da ESO.

·Proxecto en Redes a través da Federación de Anpas.

·Obradoiros e charlas coloquio para as familias.

·Xornadas de convivencia: Día das familias, día das merendas, etc.

·Realizar actividades en coordinación co centro para complementar as xa ofertadas por eles como cursos de primeiros auxilios (PUPAS)

·Ginkana Enola Holmes

·Descontos en establecementos do comercio local e de Ourense.

·Solicitude de subvencións (Concello, Xunta, Diputación)

Actividades concedidas na subvención de Igualdade (Infantil e Primaria)

·CONCERTO DE PAKOLAS: RAMONA ÓRBITA A DONA DO TEMPO

·MAGIA EN LA MANGA: A IGUALDADE NON TEN TRUCO

·CONTACONTOS A FRAGA DE PASACORRENDO/ PIPPI MANGAS LONGAS/ AS CAIXAS DA SABIDURÍA


Actividades concedidas na subvención de Corresponsables (ESO)

·MONÓLOGO DE CAXOTO: A TRASTENDA DOS CONTOS

·A MAGA FANI: MAXIA EN IGUALDADE

·MURAL DE CORRESPONSABILIDADE

·GINKANA DE CORRESPONSABILIDADE

·ESCOLA DE FAMILIAS


AVISOS

Recordámosvos que é fundamental que todos os alumnos individualmente (tanto socios coma non socios) devolvan asinado ao centro o consentimento expreso (entregado en sobre o venres día 13) para poder participar nas actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero e de corresponsabilidade que lle foron concedidas á Anpa e a súa posterior e pertinente xustificación.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.


INFORMACIÓN DE CONTACTO

 

Anpa o Areal. Rúa Areal 13. 32800 Celanova. Ourense

 anpaoarealcelanova@gmail.com

 www.sagradocorazoncelanova.com

 En facebook   somos Anpa o Areal Celanova

En IG somos  anpaoarealcelanova


Share by: