Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón
Celanova

Confíe en nós a educación dos seus fillos e fillas  de  0 a 16 anos.

Coñézanos!

Educación de calidade. 

Un centro plurilingüe adaptado ás novas tecnoloxías e rodeado de natureza.
Atención personalizada.

Matrícula aberta curso  24-25

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón 

Solicitude de admisión

Ven coñecer o noso colexio, as nosas portas sempre están abertas!

Chama ao 988431516!

Formalización de matrícula  24-25 

Escola Infantil María Ana

Aberto o prazo do 2 ao 30 de maio, infórmese no centro ou no teléfono 618965276.- 988431516.


Web Escola Infantil María Ana

Novas Curso 24-25

MAGOSTO!

      O luns día 11 de novembro, San Martiño, celebramos o noso magosto no patio con pizza, bica e castañas para todos. Tamén tivemos música e lume. Un ano máis xuntos nesta data.

Concerto de PAKOLAS

      Grazas á subvención xestionada pola ANPA O AREAL o alumnado de Educación Infantil e de Primaria tiveron a actuación de PAKOLAS co espéctáculo RAMONA ÓRBITA. Como bailaron e cantaron os nosos cativos! 11-11-2024


Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.

Saída da ESO  a AQUIS QUERQUENNIS

O alumnado da ESO visitou, o día 6 de novembro, o xacemento arqueolóxico de AQUIS QUERQUENNIS para saber máis do mundo romano.  Primeiro estiveron no Centro de interpretación e depois camiñaron cara o Campamento Militar  acompañados por guías para coñecer en profundidade a construcción da Vía Nova.

Comeza a marea rosa!

      O xoves 24 de outubro os nosos deportistas marcharon cara a Muiños para participar nas competicións de Campo a Través dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Trouxeron moitos trofeos e medallas para o cole, parabéns a todos!

Halloween ou Samaín!

      Podémola chamar de calquera xeito peroxa é unha celebración que todos os nosos alumnos e alumnas agardan con ilusión. As portas das aulas están decoradas e os nosos pasillos tamén están cheos de manualidades terroríficas.

Carlos Negro

      O alumnado de terceiro de ESO recibiu a visita de Carlos Negro, o autor nado en Lalín,  nos últimos anos vén desempeñando un continuo labor de achegamento da poesía ao público xuvenil, a través de recitais e obradoiros por toda Galicia. En 2018 recibiu o Premio dos Clubs de Lectura  ao autor máis lido do ano 2017. Non cantan paxaros neste bosque (Xerais, 2021) é a súa última obra.

Novembro 2024.

                                            EnRedes, un proxecto das ANPAS dos colexios concertados de Ourense para fomentar a igualdade e previr a violencia de xénero, visita o noso cole.

O alumnado da 1º e 2º da ESO participou este luns, día 7 de outubro, nun participativo obradoiro cun experto no que os estudantes debateron e falaron sobre a igualdade. Tamén recibiron a visita da Concelleira de Igualdade Teresa Barge á que entrevistaron, Para rematar, as alumnas e alumnos grabaron un podcast que poderá escoitarse na plataforma ivoox. Estaremos atentos a súa publicación e informarémosvos.

Vendima!

A nosa horta recibiunos os primeiros días de curso coas vides cheas de uvas. Primaria e Infantil prepararon os caldeiros, as tesoiras e dispuxéronse a vendimar, escoller e prensar as uvas.

Empeza o cole!

O mércores día 11 de setembro voltamos ás aulas para dar comezo a un novo curso. Todo o alumnado foi recibido pola dirección e os seus titores. Foi unha xornada  de reencontro cos amigos e compañeiros e tamén de xogos en equipo.

Relevo na dirección

Este curso 24-25 estreamos Equipo Directivo e despedimos, pola súa xubilación, a Begonia González, que tantos anos estivo ao frente do Sagrado Corazón. Os teus compañeiros desexámoste de todo Corazón  unha feliz nova vida! Grazas pola túa dedicación ao frente do noso cole!

CURSO 2023-2024

                                            Graduación curso 2023-2024

        O xoves 6 de xuño celebramos a despedida dunha nova xeración de mozos e mozas que pasaron polo noso colexio. Un grupo que na súa maioría leva dende infantil con nós. Rematan unha etapa escolar e ante eles ábrese unha nova que desexamos sexa moi positiva. 
Xa sodes parte do Colexio Sagrado Corazón de Celanova para sempre. Desexámosvos o mellor! 

Primeiro da ESO en Gandarío

      O alumnado de 1º ESO estará do 24 ao 28 de xuño, disfrutando do  premio como gañadores de Clases sen fume,  no campamento de Gandarío. Boa semana rapaces!

Festival de fin de curso

     Todo o alumnado do noso colexio participou no Festival de Fin de Curso o día 20 de xuño. Cada aula preparou o seu espectáculo, dende a Escola Infantil María Ana ata os alumnos de 4º da ESO. Despedimos un ano moi intenso.

 Ata o vindeiro curso!

A revolta dos xoguetes

Os pequenos actores presentaron a obra "A revolta dos xoguetes" que levaban meses preparando no obradoiro de teatro. Felicitacións a todos estes artistas.

Parque acuático de Cerceda

      O alumnado de primaria e secundaria visitou o parque acuático de Cerceda o día 18 de xuño. Alí puideron bañarse nas distintas piscinas ou descender polos tobogáns.

Tiktokers da alimentación!

      O alumnado de 5 e 6 de Primaria foi á Facultade de Ciencias de Ourense a  recoller o  premio polo seu vídeo dentro do programa Aprendo a ler o que como. Formando consumidores responsables desde a aula.

Parabéns a todos, profes e alumnos!

Certificación ComDix

      O alumnado de cuarto curso da ESO participou na proba de certificación de Competencias Dixitais organizada pola Xunta de Galicia pola que, os que a superaron, recibirán a Certificación ComDix de Competencia Dixital.

Gañadores de Clases sen Fume!

      O curso de 1º de ESO resultou gañador ao  mellor  eslogan no  programa da Xunta de  Innovación Educativa Clases sen Fume. O premio é unha semana no complexo xuvenil de Gandarío. Parabéns a todos.

  Día da bicicleta!

        Cando chega o bo tempo sempre saímos coas nosas bicis todos xuntos para celebrar este día. A Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil acompañáronnos e organizaron un circuito para os máis pequenos.

Traballando no invernadoiro.

      O alumnado de primaria e infantil xa empeza a recoller os froitos do invernadeiro: fresas, remolachas.... A nosa horta é unha marabilla.

Atletismo coa marea rosa!

      Durante este mes de maio e xuño os nosos atletas visitaron Monterrei para participar nas competicións de  atletismo, moitas felicitacións a todos polos vosos triunfos.

  Hixiene bucodental.

        O alumnado de 4º de Educación Primaria e o de 4º da ESO recibiu unha charla informativa sobre o coidado da boca e os dentes.

Luisa Villalta homenaxe das Letras Galegas!

      Todos o alumnado coñeceu a Luisa Villalta e profundizou na súa figura durante o Día das Letras Galegas 2024.

Pique-Nique no xardín.

      Dentro das actividades da materia de Francés o curso de 3º de ESO organizou unha merenda ao aire libre para degustar pratos da cociña francesa.  

Sociedade de pesca Pontegrande 

       O día 8 maio os alumnos e alumnas de 5º de primaria visitaron a Sociedade de pesca Pontegrande xunto coa Asociación Adega. Percorreron as ribeiras para coñecer máis de preto a vida do río.

Atletismo en pista!

      Durante o meses de marzo, abril e maio a nosa marea rosa visitou as pistas de atletismo de Expoourense e as de Monterrei para competir en diferentes categorías.

Vai chegando o Nadal.

       Xa se nota no cole, andamos todos a preparar o Nadal. As aulas xa están decoradas, os corredores ou a entrada. Ás mañás escoitanse músicas de Nadal, os nenos e nenas preparan con moita ilusión o Festival de Nadal.  

25 Novembro 

    O día 24 de novembro os nosos alumnos conmemoraron o Día Contra a Violencia contra as Mulleres baixo o lema "Non á violencia, por amor á arte" xunto con outros centrros na Praza Maior de Celanova.

Magosto 2023!

      O día 10 de novembro celebramos o noso magosto no cole, comemos bolos de chourizo, bica e castañas, bailamos e xogamos todos xuntos.

Visita dos ex-parlamentarios.

       O 6 de novembro visitáronnos tres ex membros do Parlamento de Galicia para contalles aos nosos alumnos da ESO a súa función dentro desta institución pública galega. Fixeron chegar ao alumnado as súas vivencias e experiencias do seu tempo na política activa.   

Concurso de cabazas!

    Estes foron os campións do noso famosísimo concurso de cabazas decoradas. Houbo moitos participantes e o concurso estivo moi emocionante.

Qué medo!

      O día 31 de outubro celebramos xuntos a festa de Halloween ou Samaín, houbo disfraces, comidas de medo e moita festa.

Subvención de dixitalización.

       O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova foi beneficiario da subvención pública  para a dotación de Aulas Dixitais financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resilencia da Unión Europea na súa convocatoria de 2023.
Máis información na parte inferior da páxina.   

As novas pizarras interactivas.

    Este curso estreamos pizarras interactivas en todas as aulas. Os nosos alumnos dispoñen dende este inicio de curso 23-24 de pizarras con tecnoloxía SMART  que dinamizarán o ensino e aprendizaxe dos nosos alumnos.

Semana de educación financieira

      Todos os alumnos da ESO recibiron as charlas do persoal do Banco Santander sobre finanzas, aforro e información bancaria.  Outros temas forona a ciberseguridade ou as claves para ter unha economía saneada.

SUBVENCIÓN PARA A DOTACIÓN DE AULAS  DIXITAIS

       O  CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova foi beneficiario da subvención pública a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para a dotación de Aulas Dixitais financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resilencia da Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, na súa convocatoria de 2023. 
          Seis aulas son obxecto da subvención pola modalidade A:6. O importe da subvención ascende a 12.267,8€. Esto permitirá ao noso centro a renovación e dixitalización de 6 aulas, unha de infantil, tres aulas de primaria, unha da ESO a aula multiusos de música. Estas melloras beneficiarán ao conxunto do alumnado do centro pois o noso colexio pasará a dispoñer de Aulas con pizarras interactivas SMART  en todos os niveles educativos.
     Este Punto Laranxa funcionará como un buzón a través do cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que sufran ou perciban en terceiros.
     O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todas e todos.
     Tamén dispoñemos dun Punto Laranxa físico á disposición de toda a comunidade educativa, situado na primeira planta do noso colexio.
    Se estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

Deixa a túa mensaxe aquí

 Aplicación Tokapp

Para facilitar a comunicación entre as familias e o centro educativo, dende hai varios anos empregamos a aplicación Tokapp que nos permite estar en permanente comunicación coas nais e  os pais. Tokapp é unha aplicación gratuíta onde recibirán avisos importantes ou urxentes pero tamén información práctica como o menú mensual do comedor. 
Pode descargala dende o seu móbil gratuítamente. TokApp.
Share by: