Seguro Escolar.

Seguro Escolar.

Seguro Escolar.

  A Consellería de Educación na Orde do 15 de xaneiro de 1997 dita instrucións sobre as cantidades a percibir por servizos complementarios nos centros educativos. Seguindo esa orde e logo de informar ao Consello Escolar, acordouse incluír o Seguro Escolar nestes servizos cobrando unha cantidade anual estipulada por alumno que será aboada no mes de outubro.


      En caso de accidentes,  durante o período escolar, os seus fillos son atendidos en primeira instancia no centro. Segundo sexa a situación chámase á familia. Se é urxente trasládase ao neno ao ambulatorio de Celanova e ínstase aos pais a presentarse. Se houbese necesidade e tivese a familia  que levar ao alumno-a  a Ourense deberán levar o documento ou parte do ambulatorio e recoller un impreso ou orde do colexio antes de desprazarse. Estes dous partes de incidencias son imprescindibles para atendelos baixo a cobertura do seguro escolar no Centro Médico O CARMEN.


      A póliza de accidentes é da aseguradora MAPFRE. Está incluído na póliza o camiño de casa ao colexio. Gastos de ciruxía plástica reparadora, próteses, anteollos, aparatos acústicos, material de ortopedia, osteosíntese e fixadores externos cun límite máximo do 25% do capital fixado sen sobrepasar os 751,26€.


      É indispensable para a tramitación dos partes que o accidentado presente o correspondente informe médico, no día e data da lesión.


Share by: