Informacións para o alumnado.

Informacións de interese para o alumnado.



PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO

          Estes premios están dirixidos ao alumnado que cursase 4º curso de ESO durante o ano académico 2021/22 no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia e que obtivese unha nota media de etapa igual ou superior a 9,00 puntos.

          O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

Concederase 20 premios extraordinarios. Cada premio estará dotado con 1.000 €.


ENLACE DE MATRICULACIÓN IES CELANOVA-Celso Emilio Ferreiro.

          Para todos aqueles que rematades 4º da ESO este curso o IES de Celanova-Celso Emilio Ferreiro ofrécevos este enlace aos seus impresos de matriculación. Podedes descargalos ou  enchelos  online coa vosa información.


Share by: