Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón
Celanova

Confíe en nós a educación dos seus fillos e fillas  de  0 a 16 anos.

Coñézanos!

Educación de calidade. 

Un centro plurilingüe adaptado ás novas tecnoloxías e rodeado de natureza.
Atención personalizada.

Matrícula aberta curso  24-25

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón 

Solicitude de admisión

Ven coñecer o noso colexio, as nosas portas sempre están abertas!

Chama ao 988431516!

Reserva de praza  24-25 

Escola Infantil María Ana

Aberto o prazo do 1 ao 31 de marzo, infórmese e recolla no centro toda a documentación para a súa reserva.


Web Escola Infantil María Ana

Novas 

Curso  2023-2024

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO EN 4º EP E 2º ESO
En cumprimento da nova lei educativa estatal este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diganóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de ESO. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. 
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias.

Entra en vigor o protocolo de uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Actualízase tamén o protocolo de acoso e  Ciberacoso.


As familias podedes consultar este novos documentos no seguinte enlace.

Máis información.

Vai chegando o Nadal.

       Xa se nota no cole, andamos todos a preparar o Nadal. As aulas xa están decoradas, os corredores ou a entrada. Ás mañás escoitanse músicas de Nadal, os nenos e nenas preparan con moita ilusión o Festival de Nadal.  

25 Novembro 

    O día 24 de novembro os nosos alumnos conmemoraron o Día Contra a Violencia contra as Mulleres baixo o lema "Non á violencia, por amor á arte" xunto con outros centrros na Praza Maior de Celanova.

Magosto 2023!

      O día 10 de novembro celebramos o noso magosto no cole, comemos bolos de chourizo, bica e castañas, bailamos e xogamos todos xuntos.

Visita dos ex-parlamentarios.

       O 6 de novembro visitáronnos tres ex membros do Parlamento de Galicia para contalles aos nosos alumnos da ESO a súa función dentro desta institución pública galega. Fixeron chegar ao alumnado as súas vivencias e experiencias do seu tempo na política activa.   

Concurso de cabazas!

    Estes foron os campións do noso famosísimo concurso de cabazas decoradas. Houbo moitos participantes e o concurso estivo moi emocionante.

Qué medo!

      O día 31 de outubro celebramos xuntos a festa de Halloween ou Samaín, houbo disfraces, comidas de medo e moita festa.

Subvención de dixitalización.

       O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova foi beneficiario da subvención pública  para a dotación de Aulas Dixitais financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resilencia da Unión Europea na súa convocatoria de 2023.
Máis información na parte inferior da páxina.   

As novas pizarras interactivas.

    Este curso estreamos pizarras interactivas en todas as aulas. Os nosos alumnos dispoñen dende este inicio de curso 23-24 de pizarras con tecnoloxía SMART  que dinamizarán o ensino e aprendizaxe dos nosos alumnos.

Semana de educación financieira

      Todos os alumnos da ESO recibiron as charlas do persoal do Banco Santander sobre finanzas, aforro e información bancaria.  Outros temas forona a ciberseguridade ou as claves para ter unha economía saneada.

Curso  2022-2023

                                                                            Graduación 2022-2023

O martes 30 de maio de 2023 celebramos xuntos a graduación do nosos queridos alumnos e alumnas de 4º da ESO. Unha xeración moi especial  da que toca despedirse. Grazas por ternos elixido durante todos estes anos. Parabéns e moita sorte en TODO o que ven. Felicitacións! 

Fin de curso.

      O derradeiro día do curso será o mércores 21 e o venres 23 entergaranse as notas finais aos representantes en horario de 10:00h a 13:00h.      

Actuacións de FIN DE CURSO

     O vindeiro luns 19 de xuño ás 20:00h no patio do centro despediremos o curso escolar coas actuacións preparadas polo alumnado. Todas as familias estades invitadas!

Circuito en bici e actividade DGT

      O venres día 16 ás 12:00h realizaremos unha actividade programada pola DGT na Praza Maior, así mesmo faremos unha ruta en bici pola vila acompañados por profesores e Protección Civil.  

Tempada de saídas e excursións.

      O alumnado de todos os cursos sairá estes días para visitar un centro de natureza como Acougo, en Vilamarín,  a reserva de animais de Marcelle ou traballarán coas mariscadoras no porto de Cesantes.


Clases sen fume.

      1 e 2 ESO  acadaron dous accésits no concurso Clases sen Fume organizado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O seu agasallo será gozar dun día no parque acuático de Cerceda. Parabéns!

"As balas rosas" na nocturna de Celanova.

        O alumnado  participou este fin de curso no Campionato Provincial de atletismo e os nosos deportistas  tamén estiveron presentes na carreira nocturna de Celanova.

Concurso de relato Coca-Cola.

      O alumnado de 2 ESO participou como cada ano no concurso de relato breve de Coca-Cola. Este ano a edición voltou ser online.


Semana da prensa.

      2 ESO ocupouse de preparar a Semana da Prensa achegándoa á primaria. Nos recreos repartiron pasatempos e actividades.

8 de marzo. Día Internacional da Muller.

        O alumnado de todo o centro traballou na elaboración de murais e logos para decorar  o colexio e conmemorar este día.

Entroido

        O venres de entroido saímos ás rúas de Celanova para celebrar xuntos o Entroido cos nosos traxes homenaxe a Picasso. Despois do desfile tomamos bica e chocolate nos claustros. Que ben o pasamos!


Caldo de Gloria!

      Para celebrar o día de Rosalía de Castro no comedor tivemos Caldo de Gloria de primeiro prato! Lemos poemas e cantamos cantigas na honra da poeta.

Conferencia sobre o Couto Mixto.

        Consuelo Castro Rey, actual avogada xeral do Estado, visitou o noso centro para falarnos da enigmática historia do Couto Mixto, que puido chegar a ser un país independente.

Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.

        Varios cursos de Educación Primaria visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás para coñecer mellor a Limia. Fixeron tamén parada nas areeiras da antiga lagoa e visitaron varios miradores de aves.

Campo a través en Muíños.

      Os nosos atletas estiveron en Muíños para participar nas competicións provinciais de Campo a Través, fixeron un gran papel.
Noraboa a todos!

The movie

        O alumnado da ESO visitou o Auditorio de Ourense para ver unha obra teatral en inglés chamada The Movie na que participaron como voluntarios varios dos nosos estudantes.

Tren do Nadal.

     Durante os últimos día de colexio antes das vacacións de Nadal todos os alumnos do noso cole, dende infantil ata a ESO, puideron viaxar no tren do Nadal grazas á invitación de Celanovachea.
Moitísimas grazas!

Saída ao parque da igualdade.

      O alumnado de ESO visitou o parque da igualdade situado xunto ao embalse de Cachamuiña en Ourense co gallo das actividades enmarcadas no 25N.

25N Día Mundial contra a violencia contra a muller.

  Diferentes actividades marcaron a conmemoración do Día Mundial para a erradicación da violencia contra a muller. Puxemos as nosas gafas violetas e as nosas ás para que ninguén nos impida voar.

SUBVENCIÓN PARA A DOTACIÓN DE AULAS  DIXITAIS

       O  CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova foi beneficiario da subvención pública a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para a dotación de Aulas Dixitais financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resilencia da Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, na súa convocatoria de 2023. 
          Seis aulas son obxecto da subvención pola modalidade A:6. O importe da subvención ascende a 12.267,8€. Esto permitirá ao noso centro a renovación e dixitalización de 6 aulas, unha de infantil, tres aulas de primaria, unha da ESO a aula multiusos de música. Estas melloras beneficiarán ao conxunto do alumnado do centro pois o noso colexio pasará a dispoñer de Aulas con pizarras interactivas SMART  en todos os niveles educativos.
     Este Punto Laranxa funcionará como un buzón a través do cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que sufran ou perciban en terceiros.
     O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todas e todos.
     Tamén dispoñemos dun Punto Laranxa físico á disposición de toda a comunidade educativa, situado na primeira planta do noso colexio.
    Se estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

Deixa a túa mensaxe aquí

 Aplicación Tokapp

Para facilitar a comunicación entre as familias e o centro educativo, dende hai varios anos empregamos a aplicación Tokapp que nos permite estar en permanente comunicación coas nais e  os pais. Tokapp é unha aplicación gratuíta onde recibirán avisos importantes ou urxentes pero tamén información práctica como o menú mensual do comedor. 
Pode descargala dende o seu móbil gratuítamente. TokApp.
Share by: