O alumnado de 3 de ESO participa estes días no concurso organizado pola Xunta de Galicia para coñecer a riqueza dos nosos Parques Naturais. Visita o seu vídeo en Instagran e dalle un Me gusta!
O venres día 7 de marzo o alumnado de 4 da ESO visitou TECNÓPOLE para participar nas actividades da AULA NEWTON que ofrece formación en ciencia, tecnoloxía, inxeñería e matemáticas mediante dinámicas prácticas de forma que os estudiantes teñen acceso a equipos que lles permiten explorar, debatir, reflexionar e colaborar coas materias STEM.
O venres 7 de marzo unha marea de mimos percorreu as rúas de Celanova acompañados de música e baile. Despois e invitados polo concello de Celanova degustamos un chocolate quentiño con bica. Esta actividade pecha o entroido 2025.
No noso patio houbo princesas, superheroes, vaqueiras, osos, dinosauros, astronautas, dálmatas, cabaleiros, anxos, demos, bebés....
Ocio Saugal amenizou a nosa festa de entroido. Tivemos tatuaxes, peiteados de cores, trenzas, tiro con arco, circuítos... Entretemento para todas as idades.
O venres 28 de febreiro comezou a nosa celebración do entroido collendo forzas cun chocolate con churros e bica. Xa tiñamos enerxía para empezar a bailar e xogar.
Xa vai chegando o entroido en con el os mandatos da nosa gárgola. O luns en pixama haberá que vir ao cole, o martes con roupa de deporte, o mércores de hortera, o xoves ben elegante e o venres co disfraz que ti queiras. O venres teremos chocolate con churros e animaicón grazas a ANPA O Areal.
O noso alumnado comensal degustou este 21 de febreiro Caldo de Gloria para recordar a nosa máis recoñecida escritora Rosalía de Castro.
O alumnado de 4 ESO realizou unha interesante saída o día 14 de febreiro dentro da materia de Xeografía e Historia para visitar o Mosteiro de San Salvador e a fosa común no cemiterio de Celanova acompañados polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.
Experimentando con engranaxes co material dos POLOS CREATIVOS. Varias aulas estiveron practicando o mecanismo dos engranaxes co recén chegado material de POLOS CREATIVOS, un programa da Xunta de Galicia para achegar a ciencia, a tecnoloxía, a inxeñería, as artes e a matemática ao alumnado.
O noso alumnado da ESO conectou en directo co INCIBE o día 11 de febreiro para conmemorar o Día da Internet Segura. "Pensa, conecta e elixe o teu camiño na internet" é o título do obradoiro online que seguiron atentamente. Tamén o alumnado da ESO visitou as aulas de primaria para conciencialos sobre o bo uso da internet. Alumnos como axentes activos.
A matrícula da nosa Escola Infantil María Ana está a piques de abrir, se queres ver as nosas instalacións e coñecer a nosa escola non o dubides e ven visitarnos. Darémosche toda a información. A nosa escola é GRATUÍTA.
Estes días, a finais de xaneiro, tocou colleita, os alumnos e alumnas do primeiro ciclo de primaria levaron para casa un mollo de grelos e de berza para degustar na casa estas verduriñas.
Mirade como estaba o invernadoiro hai unhas semanas, que maravilla que os nosos rapaces e rapazas poidan gozar da horta e do xardín.
Esta imaxe xa ten uns meses. Aquí unha das nosas alumnas de primaria está a traballar na terra sementando berzas e grelos. Durante todo este tempo as nosas verduriñas foron medrando e xa vedes na seguinte foto como están agora.
Bo traballo!
O alumnado de 3º de ESO participa nunha actividade para promover o reciclado de papel e outros residuos dentro do noso colexio.
O papel é un dos materiais que mais se emprega nun colexio e o alumnado debe concienciarse do axeitado de reciclalo. O alumnado de 3º ESO visita as diferentes aulas dende infantil ata a ESO para indicarlles como reciclar.
O día 13 de xaneiro 3º e 4º de ESO asistiron no centro a unha charla sobre o uso seguro dos móviles. A poñente foi unha docente de Inxeñería de Telecomunicacións que, dentro dunha campaña da Universidade de Vigo, está a difundir o bo uso das novas tecnoloxías entre os mozos e mozas.
O noso centro comezou o pasado curso a súa participación nos POLOS CREATIVOS nos centros educativos coa formación do profesorado e este curso 2024-2025 comezamos unha nova andadura coa recepción do primeiro material de traballo. Ao longo do curso desenvolveremos proxectos dentro dos POLOS CREATIVOS en todos os niveis educativos.
A última semana, antes das vacacións de nadal, tivemos o noso famoso Festival de Nadal todo un éxito entre as familias do noso alumnado. Queremos agradecer aos nenos o seu traballo e adicación para preparar as actuacións, aos profes pola súa implicación e ás familias por compartir con nós esa tarde tan especial.
Moitas grazas!
A Guardia Civil impartiu charlas a o alumnado da ESO dentro da súa campaña de preveción da violencia de xénero. Decembro de 2025.
O alumnado de 4, 5 e 6 de primaria tiveron o pracer de asistir ao contacontos de igualdade para a visibilización das mulleres referentes. Decembro 2025.
Esta actividade está enmarcada dentro da subvención concedida á ANPA O AREAL. pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.
Así está quedando de fermoso o mural que Alex está a pintar no noso patio.
Esta actividade está enmarcada dentro da subvención concedida á ANPA O AREAL. pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.
O 28 de novembro visitounos Félix que veu falar de Seguridade Vial. É un mozo de moi preto, da Bola, que viviu unha durísima experiencia cun accidente de coche cando viaxaba cuns amigos. Agora traballa, pero adica parte do seu tempo a falar cos rapaces para conciencialos sobre a importancia da seguridade vial dentro da asociación ASELE e a fundación Mapfre
Moitas grazas Félix, ensináchenos moito!
O alumnado da ESO o 27 de novembro recibiu a Caxoto coa súa contada. Díxonos que os contos non eran antes so para nenos, que eran para os adultos, todos contaban historias diante do lume. Falounos de contos protagonizados por mulleres e por homes.
Esta actividade está enmarcada dentro da subvención concedida á ANPA O AREAL. pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.
Dende a pasada semana temos un novo membro na comunidade escolar que entra no noso cole cargado de botes de pintura e vai deixando a súa pegada nos nosos muros.
Esta actividade está enmarcada dentro da subvención concedida á ANPA O AREAL. pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.
O martes 26 de novembro Educación Infantil e Primaria foron espectadores do espectáculo Magia en la Manga dentro da subvención concedida ANPA O AREAL. pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.
Os cativos participaron nos trucos de maxia que esta parella de ilusionistas ofreceron no noso Salón de Actos.
O alumnado da 5º e 6º de Educación Primaria rerpresentou ao noso colexio no acto institucional organizado pola Mancomunidade Terras de Celanova no Pavillón das Triguerizas a mañá do 25 de Novembro. Grazas profes e alumnado polo voso traballo!
O venres 22 de novembro todo o alumnado da ESO e 5 e 6 de Educación Primaria foron camiñando ao Auditorio Ilduara de Celanova para presenciar o espectáculo de maxia da Maga Fani. Este espectáculo de ilusionismo chegou ao noso cole a través da Subvención concedida a ANPA O AREAL.da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.
O xoves 21 de novembro 3º e 4º de Educación Primaria visitaron en Ourense, en Afundación, a exposición de pintura ESPAZO ABERTO E NATUREZA que ,ademais de permitilles ver unha excelente selección de obras pictórica, tamén participaron nun obradoiro creativo. Despois un pequeno paseo, unha paradiña con Liceo Casino para tomar o aperitivo e volta a Celanova.
O alumnado da 4º e 5º de Educación Primaria marchou día 13 de novembro ao Auditorio de Ourense para ver a obra teatral "O mundo está roto pero pódese camiñar". da man de Afundación.
O luns día 11 de novembro, San Martiño, celebramos o noso magosto no patio con pizza, bica e castañas para todos. Tamén tivemos música e lume. Un ano máis xuntos nesta data.
Grazas á subvención xestionada pola ANPA O AREAL o alumnado de Educación Infantil e de Primaria tiveron a actuación de PAKOLAS co espéctáculo RAMONA ÓRBITA. Como bailaron e cantaron os nosos cativos! 11-11-2024
Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, subvención para a promoción da igualdade.
O alumnado da ESO visitou, o día 6 de novembro, o xacemento arqueolóxico de AQUIS QUERQUENNIS para saber máis do mundo romano. Primeiro estiveron no Centro de interpretación e depois camiñaron cara o Campamento Militar acompañados por guías para coñecer en profundidade a construcción da Vía Nova.
O xoves 24 de outubro os nosos deportistas marcharon cara a Muiños para participar nas competicións de Campo a Través dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Trouxeron moitos trofeos e medallas para o cole, parabéns a todos!
Podémola chamar de calquera xeito peroxa é unha celebración que todos os nosos alumnos e alumnas agardan con ilusión. As portas das aulas están decoradas e os nosos pasillos tamén están cheos de manualidades terroríficas.
O alumnado de terceiro de ESO recibiu a visita de Carlos Negro, o autor nado en Lalín, nos últimos anos vén desempeñando un continuo labor de achegamento da poesía ao público xuvenil, a través de recitais e obradoiros por toda Galicia. En 2018 recibiu o Premio dos Clubs de Lectura ao autor máis lido do ano 2017. Non cantan paxaros neste bosque (Xerais, 2021) é a súa última obra.
Novembro 2024.
O alumnado da 1º e 2º da ESO participou este luns, día 7 de outubro, nun participativo obradoiro cun experto no que os estudantes debateron e falaron sobre a igualdade. Tamén recibiron a visita da Concelleira de Igualdade Teresa Barge á que entrevistaron, Para rematar, as alumnas e alumnos grabaron un podcast que poderá escoitarse na plataforma ivoox. Estaremos atentos a súa publicación e informarémosvos.
A nosa horta recibiunos os primeiros días de curso coas vides cheas de uvas. Primaria e Infantil prepararon os caldeiros, as tesoiras e dispuxéronse a vendimar, escoller e prensar as uvas.
O mércores día 11 de setembro voltamos ás aulas para dar comezo a un novo curso. Todo o alumnado foi recibido pola dirección e os seus titores. Foi unha xornada de reencontro cos amigos e compañeiros e tamén de xogos en equipo.
Este curso 24-25 estreamos Equipo Directivo e despedimos, pola súa xubilación, a Begonia González, que tantos anos estivo ao frente do Sagrado Corazón. Os teus compañeiros desexámoste de todo Corazón unha feliz nova vida! Grazas pola túa dedicación ao frente do noso cole!
O alumnado de 1º ESO estará do 24 ao 28 de xuño, disfrutando do premio como gañadores de Clases sen fume, no campamento de Gandarío. Boa semana rapaces!
Todo o alumnado do noso colexio participou no Festival de Fin de Curso o día 20 de xuño. Cada aula preparou o seu espectáculo, dende a Escola Infantil María Ana ata os alumnos de 4º da ESO. Despedimos un ano moi intenso.
Ata o vindeiro curso!
Os pequenos actores presentaron a obra "A revolta dos xoguetes" que levaban meses preparando no obradoiro de teatro. Felicitacións a todos estes artistas.
O alumnado de primaria e secundaria visitou o parque acuático de Cerceda o día 18 de xuño. Alí puideron bañarse nas distintas piscinas ou descender polos tobogáns.
O alumnado de 5 e 6 de Primaria foi á Facultade de Ciencias de Ourense a recoller o premio polo seu vídeo dentro do programa Aprendo a ler o que como. Formando consumidores responsables desde a aula.
Parabéns a todos, profes e alumnos!
O alumnado de cuarto curso da ESO participou na proba de certificación de Competencias Dixitais organizada pola Xunta de Galicia pola que, os que a superaron, recibirán a Certificación ComDix de Competencia Dixital.
Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón
Rúa Areal 13
32800 Celanova
Ourense
988 43 15 16
cpr.sagrado.corazon.celanova@edu.xunta.gal
www.sagradocorazoncelanova.com