COLEXIO PLURILINGÜE |
|
CONCERTADO LAICO ![]() |
|||||||||
|
PRINCIPIOS DE IDENTIDADE DO CENTRO
O centro, dado o seu carácter de Cooperativa, réxese polo principio de neutralidade ideolóxica, de maneira que renuncia
a todo tipo de adotrinamento, aínda que se declara esencialmente respectuoso coas diferenzas relixiosas e intenta destacar os
valores da relixión que profesa a meirande parte da poboación estudiantil.
O Centro intenta formar para a paz e rexeitar a violencia, polo que é importante o respecto pola dignidade e a integridade persoal
dos membros da comunidade escolar. Os nosos alumnos formanse para a xustiza, a liberdade, a responsabilidade e a solidariedade.
O centro aposta pola coeducación ou educación na igualdade dos sexos. A igualdade de oportunidades será promovida mediante a non
discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas,
así como por discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Metodoloxía para a aprendizaxe
O labor educativo basearase no respecto mutuo, o diálogo e a reflexión. O profesor, como director do proceso de ensinanza-aprendizaxe,
impulsará este proceso cara á unha aprendizaxe activa, que desenvolva as iniciativas e a creatividade dos alumnos.
O proceso de ensinanza-aprendizaxe procurará a adquisición de técnicas de traballo ou hábitos científicos, intelectuais e de saúde que
fomenten no alumno o interese por continuar a súa formación e integración na sociedade como cidadáns libres e responsables.
O ensino adaptarase ós distintos ritmos e capacidades de aprendizaxe, dacordo co desexo da "educación para a diversidade".
Como Cooperativa fomentaranse a cooperación e a complementariedade dos distintos profesores, pero admitiranse as diferencias de estilos
docentes, que, ademais de enriquecedoras, son un exemplo de espírito democrático para os alumnos.
EstÍmase que a orde é indispensable para a vida escolar e procurarase a comprensión e aceptación deste principio
por parte de todos, xa que non é un mero capricho nin unha imposición é, simplente ,una norma de convivencia.
Será un obxectivo permanente dar solidez ás relacións do centro tanto coas administracións educativas e locais como
coas entidades ou asociacións do entorno.
MODELO DE APRENDIZAXE
NO REFERENTE Á FORMACIÓN INTEGRAL DO ALUMNADO:
Pretendemos que o alumnado acade as seguintes habilidades, que consideramos básicas para conformar un cadro de ensino de calidade:
-Habilidade de acadar acceso á información: Isto supón a adquisición das técnicas tradicionais de ler, escoitar e observar,
e ademais, as novas de almacenar e elaborar datos mediante o uso dos ordenadores e as indispensables do xuízo crítico para
discernir a información.
-Habilidade de razoar con claridade: isto supón a adquisición das técnicas básica de interpretación semántica, da dedución lóxica e
matemática, a asimilación do método científico e o dominio das técnicas de indución e predición.
-Habilidade de comunicar con eficacia: Isto supón as técnicas para falar de modo informal diante dos compañeiros ou en público;
as técnicas de expresión escrita e do manexo dos instrumentos modernos de escritura; a interpretación e a capacidade de creación
de mapas e a interpretación das diferentes tecnoloxías.
-Habilidade para comprender o entorno: Isto esixe a adquisición de hábitos de respecto e coidado do entorno como un ben único,
xunto coa adquisición das técnicas básicas necesarias para entender a ciencia e o desenvolvemento científico.
-Habilidade para comprender a sociedade: A adquisición das técnicas necesarias para comprender o feito humano no seu contexto
social. A toma de conciencia da pertenza a unha cultura singular e única: a cultura galega, nas súas múltiples dimensións:
lingüísticas, artísticas, antropolóxicas, políticas, económicas etc.
-Habilidade para conseguir o desenvolvemento persoal: Supón a adquisición de técnicas de hixiene, nutrición, educación sexual; a
adquisición de técnicas de perfeccionamento persoal por medio da creatividade e a interpretación artística, o desenvolvemento corporal,
deportes, etc.
NO REFERENTE Á INNOVACIÓN CURRICULAR
- Reelaboración, aplicación e avaliación de proxectos de centro: PE, PXA, etc.
- Posta en práctica de plans e medidas efectivas de normalización lingüística e de promoción e
asunción da cultura e da realidade galegas no seu conxunto.
- Desenvolvemento de proxectos de formación do profesorado no propio centro.
- Potenciación efectiva da atención á diversidade e da orientación psicopedagóxica.
- Elaboración, no seu caso, de programas de converxencia curricular (caso do castelán e o galego) e de diversificación curricular.
- Obradoiros cos pais de educación infantil
- Posta en marcha de estratexias para a mellora do rendemento escolar dos alumnos mediante seminarios de atención
individualizada en horario non lectivo.
- Participación en proxectos de innovación, (gravación de cortos, cancións, talleres de manualidades, obras de
teatro adaptando producción poéticas, etc.)
- Uso e potenciación das novas metodoloxías e tecnoloxías (audiovisuais, informática, Internet...)
- Elaboración de materiais curriculares.
- Elaboración de estratexias para abordar a integración dos contidos transversais.
- Elaboración de programas para o fomento da lectura( intercambio con alumnos de outros centros educativos).
- Elaboración de actividades curriculares e extracurriculares para alumnos, pais e profesores (talleres de cociña,
charlas informativas, saídas culturais, traballos de campo e investigación)
NO REFERENTE ÓS MATERIAIS CURRICULARES
- Deben favorecer unha actitude activa do alumnado.
- Deben referirse a unha realidade concreta.
- Deben potencia-la investigación por parte do alumnado.
- Deben propoñer enfoques globalizados.
- Deben permiti-la atención á diversidade.
- Deben fuxir de estereotipos sexistas ou xenófobos.
- Deben de estar ben estruturados.
- Deben desenvolver uns obxectivos e contidos coherentes co PE.
- Deben ser formalmente agradables.